Coordinador do campus.
Adrián Salgado Fernández (Técnico superior de baloncesto) é o coordinador deportivo e adestrador do Club Baloncesto Caselas ademais de ser o fundador do proxecto educativo-musical «A banda dos insectos».

Adestradores convidados.
- Adestrador sorpresa: Carlos Maceiras. Nada máis e nada menos!!

El será o noso convivado final no II Campus C.B. Caselas.
Sen lugar a dúbidas, un dos mellores adestradores de formación de toda Galicia.
O seu curriculum fala por si só:
- Título Adestrador Superior en Zaragoza 1992.
- Profesor da Escola Galega de Adestradores.
- Director Deportivo en liga LEB 2 en Pontevedra e Director Técnico en Sarria 2018-2022.
- Adestrador liga EBA en Celso Míguez Pontevedra.
- Seleccionador galego de distintas categorías.
- Adestrador en equipos como con Epoca Pontevedra, Blanco Amor Ourense, Peixegalego Marín ou CB Sarria, entre outros.
- Scouting distintas canteras ACB.
Ademáis, Carlos é unha gran persoa que conecta cos xogador@s grazas á súa paixón e sentido do humor!
Estamos tremendamente orgullos@s de que un adestrador coma él cunha dilatada carreira profesional forme parte da familia do noso campus.
Estamos segur@s de que o disfrutaremos moito!!!
- Luis Basilio Gabín García (Técnico superior de baloncesto). Adestrador do Sigaltec C.L.B. de Vilagarcía e Coordinador deportivo do Campus Encesta Rías.

- Ricardo Miguel Peres Dias. Adestrador SUB17 do F.C. Porto.

- Georgbaiss Eduardo Vega Gualdron. Adestrador de clubes coma CLB, Marín e Allariz. Adestrador ayudante de Liga Feminina 2.

- Julian Bravo: Adestrador do C.B.Caselas e do C.B.Redondela e Excoordinador deportivo do Marín Peixe Galego.
