Lorena Pérez Alonso (A Picoña, Salceda de Caselas, 1991) é unha xogadora profesional de Balonmán, que leva competindo ao máis alto nivel dende o ano 2010 e que actualmente xoga no Sporting La Rioja da 1a División LIGA GUERRERAS IBERDROLA, a máxima competición nacional.

Lorena visítanos para contarnos a súa experiencia e cómo é compaxinar o deporte profesional co seu traballo.

É un auténtico orgullo para o C.B.Caselas contar cunha gran deportista coma ela e ademáis sendo un gran expoñente do deporte feminino do noso pobo!

Benvida ao noso campus!