Temos preparadas moitas actividades que pensamos serán divertidas e enriquecedoras a partes iguais.

Olimpiadas de verán

O venres 26 pasaremos o día na praia da Lanzada nunhas refrescantes Olimpiadas de verán!

As olimpiadas que tanto vos gustaron na pasada edición, pero en modo praia.

Voleibol, Béisbol, natación e moitas sorpresas.


Piscina a diario!

Como novidade, este ano iremos todos os días a piscina. Un ratiño antes de comer para refrescarnos e coller forzas para a tarde.


3X3 na Praza

Collede forzas porque o venres despois de todo o día de praia, teremos una sesión moi especial de 3×3 e torneos na mesma praza do Concello.

Faremos visible o noso querido baloncesto levando esta actividade o centro da nosa Vila. Non vos faltará público 🙂

Fora vergoña!


Apicultura Formativa con Joseba Aramburu

Recentemente nomeadas coma o animal máis importante do noso planeta. As abellas.

Da man no noso querido exadestrador Joseba Aramburu, coñeceremos a estas pequenas e incansables traballadoras que tanto fan por nós sen que o sepamos.


Charla sobre deporte adaptado

Unha histórica do baloncesto feminino español como é Susana García (ex xogadora do Celta e da Selección Española, adestradora da selección U20 campioa de Europa, axudante da Selección absoluta, prata Mundial e diploma Olímpico en Pekin e na actualidade vicepresidenta 3a da FEGABA e Secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado) contaranos cómo é o día a día dos deportistas con discapacidade, nunha charla que agardamos será moi enriquecedora para tod@s @s campers.


Actividade de psicoloxía deportiva

Rubén Domínguez, adestrador de baloncesto, profesor da Universidade de Vigo, psicólogo cunha longa traxectoria profesional e actualmente psicólogo do R.C. Celta de Vigo, tratará c@s campers un tema tan importante para xogar un deporte como é o aspecto psicolóxico do xogo.


Sen fogueira non quedamos!

Gardade algúns apuntes do cole para queimar na nosa fogueira!

Trala cea do venres teremos o noso particular San Xoan para votar fora todos os malos espíritus da tempada que remata.


Noite no pavillón.

⁠Qué sería de nós sen a tolemia desa derradeira noite de campus: K.O. interminables, sorteos de roupa e material deportivo, carreiras, xogos de mesa, cartas, confidencias…e sí, moita festa.

A noite do día 26 tod@s aqueles que estén dispostos a vivir unha aventura nocturna poderán quedar a durmir con nós no pavillón. So haberá que traer o saco de durmir. Teremos moitas actividades e sorpresas.

E si, cearemos pizza!!


Taller de highlights.

Queres aprender a facer os movementos míticos e máis espectaculares dos mellores xogador@s da NBA, EUROLIGA e ACB?

No noso taller interactivo de highlights poderás facelo!


Peche do campus.

O sábado 27 celebraremos un pequeno acto de peche do campus, ao que están invitadas as familias d@s nen@s, no que disputaránse as finais dos distintos concursos e farase entrega dun pequeno detalle @s rapaces.


E seguimos traballando, pode que teñades algunha sorpresa máis 🙂