Temos preparadas moitas actividades que pensamos serán divertidas e enriquecedoras a partes iguais.

Astronomía

Poucas veces nos paramos a ver cara arriba para desfrutar das maravillas que nos regala o ceo nocturno.

Agardando que a climatoloxía nos acompañe desfrutaremos dunha estupenda charla de astronomía guiada e teatralizada.


IOGA

Serán 5 días moi intensos polo que teremos un contrapunto de calma.

Unha monitora especializada guiaranos nunha sesión de Ioga, relaxación e estiramentos para que os músculos aguanten todo o campus 🙂


Charla de Laura Cabaleiro.

Que dicir de Laura… exxogadora do Caselas, exxogadora do Celta, actual doutora do Celta Zorka.

Visitaranos para falarnos sobre como compatibilizar deporte e estudos e como estes poden ir da man.


Taller de highlights.

Queres aprender a facer os movimentos míticos e máis espectaculares dos mellores xogador@s da NBA, EUROLIGA e ACB?

No noso taller interactivo de highlights poderás facelo!


Baloncesto en inglés.

Aprende inglés a través do baloncesto cos nosos xogadores norteamericanos do senior masculino Darrell Paxton II (California) e Kentre Lakez Williams (Texas) !!!


O científico tolo.

Os experimentos químicos e máis máxicos da galaxia a cargo do noso convidad@ misterioso!


Tardeo na Piscina.

Da man do Concello de Salceda @s nen@s pasarán unha tarde na piscina municipal. Acompañad@s do staff do campus e supervisados pol@s socorristas.


Senda polo Caselas.

Desfrutaremos dun paseo pola senda do Rio Caselas e aproveitaremos para concienciar @s rapaces da necesidade de coidar a nosa contorna.

Non todo pode ser baloncesto, temos tamén que ensinar a respetar o valioso mundo no que vivimos.

E como hai que predicar co exemplo, este ano eliminaremos totalmente o uso de botellas de plástico no noso campus, sustituíndo estas por fontes de auga onde @s xogadores poderán encher as suas propias botellas reutilizables.

Grazas o noso patrocinador Javucho Publicidade os campers disporán na sua bolsa de xogador dunha estupenda botella reutilizable metálica que poderán encher cando sexa preciso nas fontes de auga instaladas no pavillón.


Scaperoom no pavillón.

A empresa Cóxegas organizará para tod@s @s nos@s campers unha fabulosa actividade de Scaperoom no noso pavillón e arredores.

Teredes que estar moi rápidos e atentos para seguir as pistas e gañar a proba.


Noite no pavillón.

A noite do día 28 tod@s aqueles que estén dispostos a vivir unha aventura nocturna poderán quedar a durmir con nós no pavillón. So haberá que traer o saco de durmir. Teremos moitas actividades e sorpresas.

Cearemos tod@s xuntos aínda que non vos diremos todavía o que! e logo desfrutaremos de actividades e xogos nocturnos 🙂


Peche do campus.

O sábado 29 celebraremos un pequeno acto de peche do campus, o que están invitadas as familias d@s nen@s, no que se celebrarán as finais dos distintos concursos e se fará entrega dun pequeno detalle @s rapaces.


E seguimos traballando, pode que teñades alguna sorpresa máis 🙂

Abrir chat
1
💬 ¿Necesitas axuda?
Escanea el código
Campus C.B. Caselas
Hola 👋 ¿En qué podemos axudarte?