DIEGO GÓMEZ

Diego Gómez González, actual axudante principal do COB OURENSE de LEB ORO (sí, o adestrador que dirixíu ao equipo no gran derbi contra o Obradoiro na visita da familia do Caselas ao Paco Paz o ano pasado debido á ausencia de Moncho López)
Un auténtico trotamundos, que despois de moitos anos adestrando en Galicia en clubes como Blanco Amor Ourense e Marín, emigrou a Taiwan para vivir unha experiencia profesional e personal única, antes de regresar á súa terra para afrontar o reto de axudar Moncho López par tentar devolver ao COB á Liga ACB.
Amante do baloncesto base, agora chega ao noso campus con moitas ganas de facer desfrutar aos nos@s xogador@s, que de seguro aprenderán moito con él na xornada do Xoves 26 de xuño!
O ano pasado non podo estar no noso campus por un imprevisto, pero nesta quinta edición o tenemos en Salceda !
Benvido ao noso campus Diego!
Traxectoria Profesional
- – CB Blanco Amor (Cat.Inferiores 2013 – 2016)
- – CB Marín Peixegalego:
- -2016/17 (LEB Oro + categorías inferiores)
- -2017/18 (EBA+ categorías inferiores)
- -2018/19 (LEB Plata + categorías inferiores)
- -2019/20 (LEB Oro + categorías inferiores)
- – Taoyuan Pilots (P League – Taiwan) 2022-23
- – Club Ourense Baloncesto
- (LEB Oro + Primera FEB) 2023 – actualidade

En breve teredes novas!
